NOTICIAS

Crónica del Alondras & Cerceda por Sheila Lorenzo

Noticias Alondras

Redactor: Antiguo - Fecha 14/11/2016 14:50:52

O CERCEDA GAÑA CON FACILIDADE A UN MAL ALONDRAS Partido pouco atractivo que deixa ao Alondras preto do descenso Na décimo terceira xornada da Terceira División enfrontábanse Alondras e Cerceda, dous conxuntos cun obxectivo común, clasificarse entre os catro primeiros para disputar a fase de ascenso a 2ªB e que chegaban a este encontro separados por dous puntos. Axiña se lle puxo o encontro de cara ao Cerceda, pois no minuto 7 chegou o primeiro tanto da tarde nun potente disparo de Álex Ares dende fóra do área que superou por completo á defensa e o meta local. Ante este gol o Alondras non soubo reaccionar, pois a penas eran capaces de aproximarse ao área rival e nas escasas veces que o facían era sen ningún perigo. Mentres os homes dirixidos por Ángel Cuellar tiñan maior control do balón, gañando case todos os balóns divididos, gracias en parte a súa superioridade no medio campo. Pero os minutos restantes deixaron pouco fútbol que ver, resultando ata monótono para o espectador. O segundo tempo deu destellos de que ía cambiar o guión, pois os homes de Jacobo Montes semellaban saír máis agresivos, presionando máis ao rival e tendo máis a pelota, pero sempre quedando a deber nas escasas ocasións de perigo creadas, como unha que tivo Álex Gómez no 47. Pero non foi máis que un espellismo, porque os blanquivermellos volveron a amosarse febles, sen capacidade para crear accións ofensivas. Pola súa banda o Cerceda tampouco era que crease excesivo perigo, pero si que aproveitou o que xeraba e ademais con efectividade. No 56, outra vez Álex Ares, dende case medio campo pegoulle ao esférico para asinar un golazo pola escuadra. Tan só 7 minutos máis tarde Uxío cun remate de cabeza dentro do área facía o terceiro da tarde, sentenciando así o encontro. O Alondras que o intentaba máis con corazón que con cabeza ou fútbol acadou o gol da honra no 75 de partido, tras un barullo no área pequena no que Edu acabou marcando en propia meta o tanto que faría o 1-3 definitivo. Con esta derrota o Alondras é décimo quinto con 16 puntos, tan só 4 por riba do descenso e o Cerceda métese nos postos de play off con 21 puntos. Na vindeira xornada o Alondras enfrontarase ao Negreira no García Calvo, mentres que o Cerceda recibe ao Castro.     FICHA TÉCNICA: ALONDRAS CF: Martín, Yerai, Lucas, Agujetas, Rubén Comesaña, Borja (Andrés, min 62), Joni, Fondevila (Xosé, min 62), Pablo Couñago, Álex, Mauro (Champi, min 73). CCD CERCEDA: Marcos Valín, Javi Otero, Juan, Argeriz, Marcos, Uzal, Adrián Mariñas (Abelenda, min 88), Edu, Uxío, Alex Ares, Cañi (Carlos, min 73). ÁRBITRO: González Sobrado, auxiliado por Lorenzo Álvarez e Otero Domínguez, do colexio de Vigo. Amoestou con cartolina amarela a Mauro, Lucas, Joni e Alex polo Alondras e a Adrián Mariñas polo Cerceda. Expulsou a Jacobo Montes, adestrador do Alondras, no minuto 35. CAMPO: O Morrazo, ante uns 600 espectadores.       Sheila Lorenzo Xefa de Prensa Alondras CF

Compartir en Facebook
 

Contacto

Alondras CF.


Teléfono: 986 300 220
Fax: 986 191 119
Email: alondras@alondrascf.com

Política privacidad