Comunicado Oficial:
Lamentablemente temos que comunicar a suspensión da tradicional Festa do Entroido que iamos celebrar este sábado na Alameda Nova de Cangas.
Diversos factores obrigáronnos a tomar esta decisión, sendo fundamental a imposibilidade da empresa instaladora de garantir a instalación e apertura da carpa habilitada debido aos refachos de vento que os partes meteorolóxicos vaticinan para os vindeiros días.
Pedimos desculpas aos nosos fieis que ano tras ano acudían a pasar unha noite divertida e agradable e esperamos en sucesivas edicións retomar, dalgunha maneira, esta celebración que supón uns ingresos para un club humilde como o noso.
Queremos agradecer tamén ao Concello de Cangas pola súa total disposición e colaboración na celebración deste tradicional evento.
Por último, gustaríanos nesta idea de unión cos diversos actores sociais do noso pobo, que non vos quededes na casa e acudades ás diversas opcións de lecer nocturno que se ofertan en Cangas.
Cangas somos todos!❤️