TORNEO NADAL 2010
ALONDRAS C.F.

Aproveitando o periodo de vacacións destas vindeiras datas navideñas, o Alondras CF ten o pracer de organizar un novo torneo de fútbol 7 dirixido ós colexios e clubes da Comarca do Morrazo. Esta será a III edición do TORNEO DE NADAL de FÚTBOL-7, dirixido a equipos benxamíns (anos 2001 e 02), prebenxamíns (anos 03), e Escolas (anos 2004 e 05) que se disputará durante toda unha xornada no Campo de San Amaro em Aldán de herba sintética. Para este ano, a data elexida será o domingo, día 26 de decembro do presente 2010.
Os equipos que desexen participar no noso torneo, pedímoslles que nos confirmen a súa intención de participar, enviando a folla de inscrición (unha por cada equipo) a través do noso fax: 986 300 220, ou por correo electrónico: torneonadal@alondrascf.com , antes do 15 de decembro. No caso de participar, enviaríamoslle-las normas de competición do torneo, así como o calendario do mesmo.
Como tódolos anos, os árbitros nas fases previas serán aqueles rapaces da nosa canteira que teñan algunha tarxeta por protestar ou expulsión graves durante os encontros de liga do seu equipo.
Esperando que o pasárades ben, aproveitamos para enviarvos un cordial saúdo e desexarvos, por adiantado, unhas felices festas navideñas e un próspero ano novo.
Pra ver os resultados e clasificacións pulsa no
seguinte botón ![]()
© SERASANTOS ·2010·