NOTICIAS

Pol causa baja en el Alondras C.F.

Noticias Alondras

Redactor: Antiguo - Fecha 20/11/2015 16:29:41

A falta de minutos propicia a saída do xogador

Pablo Couso, “Pol” xa non é xogador do Alondras. O xogador comunicou fai uns días ao club a súa intención de saír do equipo debido a non estar entrando con asiduidade nos plans de Jacobo Montes e non estar contando con minutos. Ante as escasas perspectivas de que esta situación puidese variar, a entidade blanquivermella decidiu facilitarlle a saída para que o xogador poida continuar a súa carreira deportiva.

O lateral dereito chegara ao primeiro equipo o pasado verán dende o xuvenil, despois de encandilar ao novo inquilino do banco alondrista co seu potencial e súa vocación ofensiva. Sen embargo, a bagaxe nos tres meses que van de competición foi bastante pobre para o moañés, que tan só tivo a oportunidade de participar nun encontro de liga, ante o Bergantiños, que se converteu no seu debut na Terceira División.

O xogador recoñece que “non quería marchar e gustaríame poder volver algún día ao Alondras”, ademais “teño pendente marcar coa camiseta blanquivermella”. “Intentei dar sempre o mellor de min, pero o gran nivel da plantilla, púxomo moi difícil”, xa que na súa posición coincidía con homes de gran importancia como Castilla, Rafita ou Pitu. É por iso que Pol decidiu poñer unha solución a esta situación “buscaba unha oportunidade para xogar e déronma en Moaña, equipo no que me formei”. E que Pol continuará a súa carreira deportiva no Moaña de Primeira Rexional, onde comezará a adestrar hoxe mesmo.

A directiva do Alondras CF quere agradecer a Pol a súa entrega durante o tempo que vestiu a camiseta blanquivermella e deséxalle moita sorte na súa andaina deportiva.

 

Sheila Lorenzo

Xefa de Prensa Alondras CF

Compartir en Facebook
 

Contacto

Alondras CF.


Teléfono: 986 300 220
Fax: 986 191 119
Email: alondras@alondrascf.com

Política privacidad